No punto nº 6 da orde do día do pleno ordinario, o Concello de Arteixo, debatirá , a aprobación provisional da subida do IPC do 1.4% da taxa pola prestación do servizo público público de auga potable a domicilio así como do saneamento.
O Partido Popular de Arteixo, non ve xustificada unha subida dada a situación de crise económica que están a sufrir os administrados e sobre todo cando a prestación do servizo é manifestamente mellorable, xa que en numerosas ocasións vecinos arteixáns denunciaron o pésimo servizo que se está a prestar. Non é de recibo que cada vez se faga máis presión fiscal por parte do Concello, e o grupo municipal popular non vai a ser cómplice da mala xestión financiera do ente local. Recoméndalle ao Goberno que se aprete máis o cinturón en gastos superfluos,en gastos ordinarios en que os viciños para nada se senten beneficiados como són cada día máis plantilla de persoal cando se están prestando os mesmos servizos que na lexislatura pasada e en algún caso se deixaron de prestar.
Polo tanto, recomendar ao bipartito que, para equilibrar as contas municipais hai que axustar o gasto, xestionar e supervisar os recursos propios, e non despilfarrar diñeiro público sen control e realismo financieiro.
...mais
|