Partido Popular de Arteixo

¿Quén somos? 

No partido popular de Arteixo, queremos retar a unha nova etapa na que pretendemos estar máis cerca de ti, aproveitando as oportunidades que ofrece a sociedade de información e as novas tecnoloxías. Unha destas propostas é a posta en marcha da web: www.ppdearteixo.com onde che ofrecemos diferentes ferramentas para que o contacto co partido sexa moito máis accesible.

Queremos estar máis cerca, canto máis preto mellor, e para iso necesitamos interactuar a través dos mecanismos dos que dispoñemos.

Desde estas páxinas os militantes, simpatizantes e a sociedade en xeral ides dispór de acceso directo ás nosas propostas, ao noso programa electoral, aos nosos candidatos, opinións do partido sobre casos concretos, axenda de actos previstos e afiliación.

Unha páxina web que se inicia con forza e sempre co mesmo afán de superación e información directa ao cidadán de Arteixo. Quixéramos anticiparche que esta páxina é o punto de partida doutras iniciativas que buscan a participación de todos os cidadáns e a conexión entre o partido e a sociedade arteixá.

Desde o Partido Popular queremos agradecer a túa entrada nesta páxina, que puxemos á túa disposición para explicarche quen somos, como pensamos e cal é a proposta que ofrecemos á sociedade.

Esperamos que os contidos desta páxina contribúan a difundir as nosas ideas políticas, que se resumen na construción dunha sociedade equilibrada, moderna, libre e solidaria.

Convidámoste a percorrer este espazo, que pretende ser un espazo de diálogo e comunicación para todos.

Benvid@s